Vodafone amosou esta semana os resultados trimestrais, un informe no que salienta unha facturación de 1.235 millóns de euros, o que significa unha caída do 0,8% cen relación ao ano anterior. Esta baixada, malia todo, non veu acompañada dun proceso semellante no número de usuarios dos servizos da operadora, máis ben o contrario. Segundo fai saber a compañía, tanto a oferta converxente de Vodafone One (Fibra Ono, 4G e TV) como a Fibra Ono incrementaron de xeito considerable a súa cifra de clientes. Outro dato salientable é que a a compañía acadou os 3,3 millóns de usuarios de móbil 4G.
Os resultados financeiros corresponden ao trimestre fiscal entre o 1 de abril ata o 30 de xuño deste ano, ou sexa que reflicten a actividade xerada por Vodafone One e máis pola nova división Fibra Ono (resultado da compra de Ono por parte de Vodafone). Ao longo do período avaliado, os ingresos por servizo chegaron aos 1.113 millóns de euros, o que supuxo unha caída do 5,5% con respecto ao período anterior.
En materia de tecnoloxía 4G, Vodafone sumou 435.000 novos clientes ao longo dos tres meses analizados e superou, finalmente, os 3,3 millóns. A data de 30 de xuño, a operadora aglutinaba 14,1 millóns de clientes de telefonía móbil. En banda larga fixa a cifra de usuarios é de 2.851.000, dos que 1.768.000 xa teñen a Fibra Ono. O paquete converxente One xa conta con 290.000 abonados.
Vodafone chegou á cifra de 3,3 millóns de usuarios de móbil 4G
Compartir Este Artigo

