A marca Control está a presentar as principais achegas da cuarta edición do seu estudo sociolóxico sobre os hábitos da mocidade con respecto ao sexo. Neste informe 2015, unha vez máis, hai datos referentes á mocidade galega, e tamén información sobre as aplicacións tecnolóxicas máis estendidas para manter relacións, sendo a cuestión do cibersexo un dos temas máis salientables. A investigación, nun plano máis concreto, guinda o seguinte dato a ter en conta: un de cada tres galegos afirma practicar cibersexo.
No informe afírmase que “se ben estaba claro ata que nivel cambiaran as nosas vidas e os nosos hábitos de consumo polo espallamento de tabletas de dispositivos intelixentes, estaba aínda por desvelar ata que punto influíron as novas tecnoloxías móbiles na maneira de enfrontarnos ao sexo”. A edición 2015 deste estudo diríxese a evidenciar este punto.
A investigación (Os mozos españois e o sexo) levouse a cabo entre persoas de entre os 18 e os 35 anos de todos os recantos do ámbito estatal. A nivel galego, indícase nela que a cuarta parte da xuventude galega enquisada por Control afirma manter relacións sexuais, no último ano, con xente que coñeceu a través de redes sociais ou aplicacións que pon en contacto a descoñecidos. Porén, infórmase, confírmase tamén o afianzamento da vía cen por cen virtual, é dicir das relacións que non implican coñecemento en persoa (cibersexo). Neste punto, o estudo di que o 33% dos enquisados en Galicia afirman practicalo polo menos unha vez nos últimos doce meses.
Un de cada tres internautas novos da nosa terra confesa ter practicado cibersexo
Compartir Este Artigo

