As infraestruturas de rede de Facebook non parecen estar a pasar por un bo momento, e esta tarde, durante varias horas, a plataforma social de Mark Zuckerberg (e outros servizos da compañía como WhatsApp e Instagram) experimentou problemas de conectividade, que fixo que moitos usuarios non puidesen conectar con Facebook durante un bo anaco, o que non sería relevante se non fose porque é a terceira caída en menos de dúas semanas.
Os pasados 17 e 24 de setembro Facebook xa experimentou caídas de consideración, que sumadas a esta última espertou certa preocupación, xa que actualmente existe unha grande dependencia a plataformas deste tipo, que para moitos é a principal canle de comunicación tanto interpersoal como profesional.
A incidencia de hoxe experimentouse de xeitos moi diversos, de xeito que mentres algúns usuarios non podían acceder en absoluto a Facebook, outros só vían como as páxinas cargaban lentamente e, ao parecer, estabamos ante un problema de configuración que solucionouse rapidamente, o que no impediu que no panel de control da API de Facebook Graph se rexistrase como unha caída importante. Sobra dicir que o momento da caída de Facebook provocou un grande impacto en Twitter, converténdose en tendencia co cancelo #FacebookDown.
Facebook padece a terceira caída en menos de dúas semanas
Compartir Este Artigo
