Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou dende a nosa aplicación para iPad.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á posta en marcha do portal Lingua.gal, para o que falamos con secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Tamén destacamos outros temas como:
– Proxecto eHeart, tecnoloxía galega contra as doenzas cardiovasculares
– O CITIC amosa os seus últimos achados perante entidades de Bruxelas
– A empresa SIVSA lanza unha innovadora ferramenta de xestión para clínicas, Fenix
– A Deputación de Ourense achega un proxecto de innovación vitivinícola, Enourense
– A Toxa acolleu a edición número 20 da Noite Galega dos Enxeñeiros en Telecomunicación
– Telefonica impulsa con 50 novas firmas a segunda andaina de Galicia Open Future
– AMTEGA dá a coñecer datos recentes sobre a presenza de banda larga nos fogares
– A AMTEGA e a AETG dan continuidade ao servizo de asistencia profesional no ámbito local
– A cultura e a comunicación en liña, eixes dunha xornada celebrada no CCG
– Roberto Zompi (Magneti Marelli) e Victor Tuson (Canonical) participarán en LibreCon
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
