
A Deputación de Pontevedra publicou este luns no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) as bases reguladoras do programa. A partir de hoxe e durante un mes as entidades aspirantes poderán presentar as súas solicitudes nos rexistros da Deputación para poder optar ás 267 prazas deste programa. Este, dotado de 321.433 euros, abrangue unha completa axenda de accións formativas. As actividades estarán abertas a toda a poboación da provincia e incluirán o tratamento da igualdade entre mulleres e homes a través dun módulo de sensibilización en igualdade de 5 horas de duración. Segundo sinala a Deputación, as mulleres terán preferencia, reservándose o 25 % das prazas para homes, agás no bloque Súmate ao cambio, no que a participación pode ser mixta xa que se cubrirán as prazas ao 50 %.
Conectadas 2016 centraranse en boa medida nos ámbitos do emprendemento (iniciativas sustentables para o emprego, achegándose formación sobre crear unha empresa e deseñar un plan de negocio, community manager, comercio electrónico, asesoría laboral e fiscal e adestramento), da cultura (cursos sobre edición de fotografía, pintura, percusión e canto tradicional, teatro e animación á lectura e memoria) e da innovación e novas tecnoloxías (a través da proposta Actualízate tentarase alfabetizar dixitalmente as mulleres, do papel ao computador, correo electrónico, manexo de tableta, teléfono intelixente e redes sociais). O programa complétase con iniciativas formativas sobre artesanía, xardinería, alimentación, actividade física ou coidados persoais e saúde.
A iniciativa vai dirixida a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro.
Conectadas 2016 abre prazo de presentación de solicitudes
Compartir Este Artigo

