Hai pouco máis de tres anos Microsoft presentou por todo o alto o seu novo Windows 8, posiblemente a proposta máis arriscada na historia da compañía de Redmond, e pese a que logo tiveron que retirar moitos dos grandes cambios nas súas revisións, aínda é o sistema operativo elixido por moitos usuarios para traballar, pero a partires de hoxe non debería ser así, xa que entrou en vigor o anuncio de Microsoft de fin de soporte de Windows 8, polo que os usuarios de tal sistema deberían migrar con urxente a Windows 8.1 ou a Windows 10, cambios que son de balde, e que non deberían ocasionar problemas en case ningún caso.
O máis importante deste anuncio é que Windows 8 non perde o soporto so, senón que vai acompañado polas versións 8, 9 e 10 de Internet Explorer, o que significa que os únicos navegadores web de Microsoft incluídos nos seus sistemas operativos que podemos considerar seguros serían o Internet Explorer 11 e o Microsoft Edge (aínda que cada vez é máis habitual optar por outras alternativas como Firefox ou Google Chrome). Aínda que os sistemas que perden hoxe o soporte deixen de recibir actualizacións importantes, si continuarán a gozar de parches de seguridade puntuais, pero poden considerarse como produtos non recomendables, e a actualización a versións máis modernas sería máis que recomendable (xa que contar con software actualizado reduce as probabilidades de padecer os efectos perniciosos dunha vulnerabilidade do software). O número de equipos que aínda funcionan coas versións 8, 9 e 10 de Internet Explorer é de preto do 20%, o que é unha coa de mercado bastante importante, e que pode supor unha grande ameaza para a seguridade na Rede.
Remata o soporte de Windows 8 e de Internet Explorer 8-10
Compartir Este Artigo
