Hai preto dun par de anos Disney mercou Maker Studios como unha aposta polo fenómeno dos youtubers que están a revolucionar o audiovisual, e avanzando nesta mesma liña amplía agora o seu acordo co youtuber máis célebre do mundo, PewDiePie, co lanzamento de Revelmode, unha nova rede de lecer que achegará contidos de Felix Kjellberg e algúns dos seus amigos, nunha serie de series orixinais que desenvolverán en colaboración cos mencionados Maker Studios.
Dende Maker Studios confían en que o talento dos creadores acubillados baixo a rede Revelmode abra unha chea de posibilidades para esta nova plataforma que orienta os seus contidos ás tendencias emerxentes na cultura audiovisual actual. Os contidos creados pola nova rede distribuiranse a través da web, YouTube, Facebook e outras plataformas, e para estrear o proxecto contará cunha serie de animación que estará protagonizada por PewDiePie e os creadores que o acompañan non proxecto, que inicialmente serán CinnamonToastKen (Ken Morrison), CutiePieMarzia (Marzia Bisognin), Dodger (Brooke Lawson), EmmaBlackery(Emma Blackery), JackSepticEye (Sean McLoughlin), Jelly (Jelle van Vucht), Kwebbelkop (Jordi van den Bussche) e Markiplier (Mark Fischbach), que suman máis de 100 millóns de seareiros en YouTube, Facebook, Twitter, Instagram e Snapchat.
O youtuber máis célebre do mundo funda unha rede de creación de contidos amparado por Disney
Compartir Este Artigo
