
Os relatorios subidos ao YouTube son os seguintes:
· Rafael Rodríguez Gaioso e Salvador Tabarés, da asociación Melisa,expón sobre a súa experiencia de voluntariado con software libre nos centros penitenciarios de Galicia.
· Ana Vázquez Fernández, da Coordinadora Galega de ONGDs e Emilio José Padrón González de GPUL explica a experiencia da migración a Software Libre na Coordinadora Galega de ONGDs .
· Isabel Lema Blanco e José María Casanova Crespo de CUAC FM, aborda a Implantación de Software Libre en CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña.
· Antón Amado Pousa de iCarto presenta o uso de tecnoloxías de información xeográfica libre en proxectos de Cooperación para o Desenvolvemento.
· Iván Lago Castro de Enxeñería sen Fronteiras comparte a súa experiencia na xestión de persoas socias e voluntarias empregando software libre coa ferramenta CiviCRM.
· Manuel L. Pan, de Abertal, presenta o portal voluntariadogalego.org, o portal da Dirección Xeral de Voluntariado, e a súa experiencia co software libre.
AMTEGA tamén lembra que están habilitadas no portal de Centro Demostrador TIC as gravacións das actividades formativas en software libre dirixidas ao terceiro sector que se celebraron durante o último trimestre do pasado ano. Son un total de 8 actividades que abranguen a creación de portais web con Drupal, WordPress, o emprego de Owncloud, OpenStreetMap ou CiviCRM. No Repositorio Documental de Software Libre está dispoñible unha páxina recompilatoria de todo este material para facilitar a súa busca e acceso. Esta publicación “reforza o alcance da acción global desenvolvida no ciclo formativo dirixido ao terceiro sector, que tiña por obxectivo achegar as posibilidades que o software libre lles ofrece, dun modo práctico e a través da presentación de casos de éxito”, engade AMTEGA.
Na Rede as presentacións de seis iniciativas galegas de éxito en materia de software libre para o terceiro sector
Compartir Este Artigo

