
Ao parecer o cambio de Vodafone a Orange é inevitable, sendo a grande incógnita a data na que o cambio se faría efectivo, o que probablemente tradúzase nun cambio de tarxetas SIM e pouco máis, aínda que cómpre lembrar que mudar de compañía a través da que se fai uso da telefonía móbil pode ter consecuencias na calidade do servizo en casos puntuais, xa que pasan a empregarse antenas de telefonía móbiles diferentes, o que nuns casos suporá unha mellora de cobertura e noutros un empeoramento.
Aínda que a priori poderiamos pensar que pasar a Orange supón un empeoramento da cobertura, cómpre lembrar que R leva varios anos cun bloqueo nas conversas con Vodafone para poder ofrecer aos seus clientes conectividade 4G, situación que con Orange non acontecería (de feito, Euskaltel xa ofrece 4G), de aí que o cambio de compañía podería supor a activación do tan desexado servizo de telefonía móbil de nova xeración.
Os móbiles de R poderían deixar Vodafone para empregar a rede de Orange
Compartir Este Artigo
