
O importe desta actuación foi de 800.000 euros (convenio Xunta-Red.es). O proceso atinxiu a 43 centros sociocomunitarios, 19 residencias de maiores, 73 escolas infantís, 12 espazos para a xuventude e outros 30 entre albergues xuvenís, centros de día, de menores e de persoas con discapacidade. Segundo sinala AMTEGA, grazas a este novo equipamento os centros poderán levar a cabo as súa tarefas “dun xeito áxil e eficiente”, e permitiralles mellorar o seu traballo e as actividades dos residentes.
A renovación do equipamento tecnolóxico é unha das liñas de actuación do Plan Trabe que segundo nos lembra AMTEGA acadará este ano dous fitos chave: a posta en marcha a Historia Social Única e o inicio dos traballos de desenvolvemento do sistema de información para a xestión integral dos centros de benestar.
Completada a renovación de equipos informáticos en 178 centros de Benestar
Compartir Este Artigo

