O Concello da Coruña debullará en Londres o seu proxecto smart, herdado do anterior equipo de Goberno pero incluíndo unha serie de modificacións (dirixidas a pór en xogo “máis sentido de seu” e “utilidade para os cidadáns”). A presentación será no marco da segunda edición do do seminario internacional Hans Crescent Symposium “Beyond the Smart City: Towards a democratic alternative (en galego Máis aló da Smart City: cara unha alternativa democrática). A encargada de dar a coñecer a iniciativa intelixente, rendible e sustentable do Concello da Coruña será a concelleira de Participación Cidadá e Innovación Democrática, Claudia Delso.
A cita, que contará co xornalista e fundador de Wikileaks Julian Assange como anfitrión, celebrarase co obxectivo “de analizar a formulación e desenvolvemento da Smart City como ferramenta democrática ao servizo do ben común”. A responsable municipal exporá as principais liñas de traballo das políticas públicas locais e avanzará a potencialidade das Cidades Intelixentes para profundar na participación cidadá na Coruña.
Xunto a Delso tamén intervirán na mesa Alternative Strategies: The Democratic and Common Cities of Change (17.15 hora londiniense) as e os representantes da súa área noutras cidades do Estado, como Pablo Soto (Madrid) e Gala Pin (Barcelona); ademais da profesora de Urbanismo e membro do goberno de São Paulo, Ermínia Maricato ou a socióloga Hilary Wainwright.
A Coruña amosa en Londres o seu proxecto smart
Compartir Este Artigo

