
As actividades proseguirán o día 8 (IES do Milladoiro de Ames), o 9 (ASPACE Coruña), o 15 (IES do Milladoiro), o 16 (CEIP Sigüeiro de Oroso), o 29 (CEIP Raíña Fabiola de Santiago) e o 30 (CEIP Infante Felipe Borbón, de Salvaterra do Miño)
Nestes encontros, amais de amosar o funcionamento e os sistemas de predición de Meteogalicia, aproveitarase para explicar aos visitantes a optimización levada a cabo na web do servizo meteorolóxico galego, que consiste na posta en marcha dun sistema de elaboración automática de comentarios na predición a curto prazo específico para cada concello e que xa está dispoñible na páxina de seu. Segundo informan dende Meteogalicia, este reforzo a información é froito da colaboración entre o servizo meteorolóxico autonómico e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para mellorar a información sobre a predición meteorolóxica dos concellos que se ofrece a través da páxina web. Grazas a el, as notas explicativas ofrecen o prognóstico meteorolóxico e o índice de calidade do aire en cada concello galego, entre outras cousas. O comentario xérase de xeito automático a partir da aplicación GALiWheather, empregando para isto técnicas de intelixencia artificial e xeración de linguaxe natural.
Até 300 escolares coñecerán en marzo o funcionamento de Meteogalicia e da súa web
Compartir Este Artigo

