Vitae Consultores vai organizar na Coruña un seminario sobre recursos para asegurar que acadamos nas nosas empresas os mellores profesionais e, en consecuencia, a máxima calidade nas nosas iniciativas de mercado. Trátase do curso Selección e Avaliación Avanzada de Perfís TI baseadas na Neurociencia (PDF), unha actividade coa que se quere dar reposta a unha demanda crecente entre o sector das novas tecnoloxías da información (dada a escaseza de oferta no mercado laboral: a demanda das máis axeitadas metodoloxías para incorporar os perfís máis indicados e acaidos. Neste obradoiro, informa Vitae, “proporcionaranse métodos e ferramentas coas que xa se conseguiu unha porcentaxe de éxito de máis do 90% en selección de perfís TIC, incluíndo perfís técnicos, perfís de xefes de proxectos, perfís de desenvolvemento de negocio e perfís de alta dirección”.
En definitiva, a actividade formativa diríxese a permitirnos solucionar o devandito reto e termos “un criterio a seguir para saber en que aspectos ceder e en canles non ceder na contratación dun candidato ou candidata ou na promoción de un dos nosos profesionais”.
O curso encamíñase a ampliar a formación de directores, xefes de proxectos, xerentes ou profesionais dos recursos humanos, ou ben a calquera profesional que desexe adquirir as habilidades e coñecementos precisos e máis a axeitados para a selección e avaliación tanto de perfís TI como de calquera sector.
O obradoiro celébrase o vindeiro venres 8 de abril en horario de 9.30 a 13.30 e de 15.00 a 19.00 horas no Hotel Attica 21 da Coruña. O encargado de impartir os contidos será Marcos Carbonell, profesional con máis de trinta anos de experiencia nos sectores do deporte, das tecnoloxías da información e dos recursos humanos. Dende 2006 é socio director de Vitae Consultores. Foi responsable, directa ou indirectamente, de máis de 1.000 procesos de selección, cunha taxa de éxito de máis do 90%.
Vitae achega na Coruña un curso sobre selección avanzada de perfís profesionais TI
Compartir Este Artigo

