
Máis en detalle, o segundo relatorio de onte en Expoformación veu da man Juan Diego Pereiro Areán, director executivo (CEO) e fundador desta empresa galega. Na súa intervención Pereiro Areán subliñou a importancia do docente como figura clave na formación e expuxo a súa solución para a procura e contratación de formadores do século XXI, salientando a axilidade e reputación como elementos esenciais destes procesos.
En canto a WeKAb, dicir que ten un ámbito de actuación estatal e previsións de internacionalización. Arestora conta con máis de 4.700 formadores e 165 entidades de formación en toda España. A ferramenta tecnolóxica WeKAb.com, como dixemos, fai posible que os profesionais de calquera área de coñecemento poidan darse a coñecer, xerar reputación e formarse como formadores, á vez que fai máis doado o acceso aos mesmos a empresas e entidades formadoras.
WeKAb é un proxecto cualificado como IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) pola Xunta de Galicia e foi acelerado a través do programa Galicia Open Future de Telefónica, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
WeKAb leva a Expoformación a súa experiencia en procura e contratación de formadores
Compartir Este Artigo

