Xa podemos inscribirnos para concorrer á xornada Cultura e Comunicación na Sociedade en Rede, unha actividade de reflexión e debate que convoca o Consello da Cultura Galega co obxectivo de avaliar en detalle os nexos (eses nexos en constante evolución, e máis ao abeiro da era dixital) que hoxe en día serven de unión ao coñecemento cos seus destinatarios. En palabras do CCG, o encontro diríxese a “avaliar novos modelos e novas experiencias no ámbito dixital” da man de expertos como Miquel de Moragas ou Emili Prado. A xornada desenvolverase na sede da institución o vindeiro 26 de abril e está organizada polos profesores Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago. A inscrición pode facerse a través da web, é gratuíta e hai cen prazas.
Como dixemos o leit motiv das sesións será reflexionar acerca do xeito de interactuar e relacionarse cultura e comunicación na sociedade en liña na que vivimos, nestes días, mergullados. Para iso analizaranse algunhas experiencias postas en marcha nestes anos da era dixital, cunha análise dos resultados acadados, ao tempo que se debaterán posibles estratexias para que os proxectos culturais sexan viables e sustentables no novo escenario.
PROGRAMA
Sesión da mañá
9:15 horas – Inauguración
9:30 horas – Interpretar a cultura e a comunicación na sociedade rede – Miquel de Moragas (Universitat Autónoma de Barcelona)
10:15 horas – Tomar a cultura dixital en serio – Miguel de Aguilera (Universidade de Málaga)
11:00 horas – Pausa
11:30 horas – A divulgación cultural e científica nos medios e nos metamedios – María Jesús Casals (Universidade Complutense de Madrid)
12:15 horas – Cultura, comunicación, memoria e movementos sociais na era dixital – Jaume Guillamet (Universitat Pompeu Fabra)
13:00 horas – DebateSesión de tarde
16:30 horas – Industrias culturais e redes dixitais – Emili Prado (Universitat Autónoma de Barcelona)
17:15 horas – Cultura, comunicación e poder na España actual – Ramón Reig (Universidade de Sevilla)
18:00 horas – Pausa
18:30 horas – Tendencias da cultura e a comunicación na sociedade en rede – Javier Marzal (Universitat Jaume I)
19:15 horas – Debate

