Aínda que Instagram é unha das plataformas sociais máis activas e de maior crecemento do mundo, conseguindo superar en popularidade e usuarios activos a Twitter, está a comezar a perder pulo, o que pode levar ao servizo a mudar máis elementos (lembremos como nos últimos meses fixeron cambios tan radicais como permitir contidos que non fosen cadrados) e ante o feito de que os usuarios non chegan a ver o 70% das imaxes que se publican na súa cronoloxía, decidiron tomar unha decisión semellante á que están a adoptar ultimamente o resto de plataformas sociais: abandonar unha orde cronolóxica inversa estrita e dar prioridade aos contidos que consideren que poden resultar máis do noso interese.
En breve a orde das fotografías na nosa cronoloxía non estará en relación á súa data de publicación, senón en función dun algoritmo de Instagram que dará máis relevancia aos tipos de contido que indicamos que nos gustan no pasado, así como en función da persoa que realice as publicacións.
Polo momento esta funcionalidade só afectará á orde dos contidos, ou sexa, que non veremos como moita información permanece agochada (como acontece en Facebook), confiando en que este cambio axude a que a experiencia de Instagram mellore, para que atopemos contidos do noso agrado ou interese cada vez que abramos a aplicación.
Instagram abandonará a orde cronolóxica
Compartir Este Artigo
