Esta tarde os usuarios de Movistar na comunidade galega advertiron que deixaron de recibir o servizo de televisión, ao que a compañía respondeu indicando que o servizo estaba afectado por unha incidencia técnica de rede na que están a traballar para restrablecelo, o que pola noite, cando escribimos estas liñas, aínda non aconteceu, pese a que xa ás sete da tarde dende Movistar aseguraban ter localizado o problema.
Nos foros de Movistar constatouse que os usuarios afectados estaban repartidos entre localidades como A Coruña, Vigo, Vilanova de Arousa, Pontevedra, Redondela e Ourense, de aí que se pense que estamos ante unha incidencia limitada ao territorio galego.
ACTUALIZACIÓN (23:30 horas): O servizo de televisión de Movistar+ parece estar completamente restablecido en Galicia dende as 22:30 horas aproximadamente.
O servizo de televisión de Movistar+ padece unha incidencia técnica en Galicia
Compartir Este Artigo
