Aínda que os contidos televisivos en Full HD aínda non son tan habituais como nos gustaría, hai quen xa demanda material en ultra alta definición (UHD), e para poder así tirar proveito dos novos televisores hoxe comeza a comercialización de receptores de televisión 4K por parte de Vodafone, inicialmente para os clientes de ADSL. Pero o dispositivo non chegará so, senón que contará con contidos de calidade, concretamente a través de 4 canles UHD: Festival 4K (de temática musical), Fun Box 4K UHD (con documentais, deportes extremos, series e películas), Slow Channel (canle de acompañamento e contemplación de imaxes impactantes) e Insight TV (con series, deportes, documentais, ciencia e programas interactivos).
Aínda que a ultra alta definición pode parecer o máis importante deste anuncio, posiblemente non sexa así, xa que o realmente importante é o feito os clientes con xDSL de Vodafone poidan acceder a unha ampla oferta audiovisual con ata 120 canles (con máis da metade en alta definición), con numerosos contidos baixo demanda e aplicacións como Netflix, ou sexa, que Vodafone estaría a igualar a súa oferta televisiva para todos os seus clientes.
Vodafone estrea receptor de televisión en ultra alta definición
Compartir Este Artigo

