Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A proba galega da Olimpíada de Robótica celébrase na Coruña o 16 de abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A proba galega da Olimpíada de Robótica celébrase na Coruña o 16 de abril

Redacción
Publicado: 21/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wro_lego-min_xlarge.jpgO certame de robótica e intelixencia artificial World Robot Olympiad vai ter novamente sede galega. Será, un ano máis, na cidade da Coruña. O evento desenvolverase de maneira simultánea en máis de 15 cidades do ámbito estatal e nunha chea de recantos de todo o planeta. Xuntaranse mozas e mozos de idades comprendidas entre os 7 e os 19 anos. O desafío será común a todos os participantes: convidalos a amosar os seus coñecementos e capacidades creativas ao servizo da intelixencia artificial, os enxeños automáticos, a robótica e os sistemas smart. A final celebrase en Nova Delhi, na India. Para os participantes da nosa terra, o recoñecemento consistirá na obtención de prazas para participaren na fase final estatal, que se vai desenvolver a finais do verán na Rioxa.
A edición coruñesa (WRO Galicia) será o 16 de abril e virá da man de Arkitas Robótica, iniciativa local de formación e divulgación centrada en salientar a robótica e a programación “como medio de ensino complementario para outras materias, axudando aos nenos na asimilación e na comprensión da tecnoloxía”. A competición celebrarase no Colexio Compañía de María da Coruña e artellarase en tres ámbitos: o Desafío Regular (que convida aos rapaces a construír un trebello para levar a cabo diferentes probas), o Desafío Open (solucións robóticas para un reto común relacionado este ano coa xestión de refugallos) e o Desafío Football. Segundo lembran os organizadores da proba galega, o ano pasado xuntouse na Coruña medio cento de rapazas e rapaces.
A WRO, que xa conta con 10 anos de percorrido, celebrou a súa primeira competición no ano 2004 e nela participaron 12 países e 4.000 equipos. En 2013, foron máis de 42 países e en torno a 20.000 equipos de todo o mundo os que competiron nas actividades de competicións locais, autonómicas e estatais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?