Co obxectivo de seguir polo camiño do éxito aberto polo evento internacional Big Data celebrado na Coruña en 2015, os vindeiros días 25 e 26 de abril desenvolverase na Facultade de Informática (FIC) o evento Big Data A Coruña 2016, organizado por David Martínez (UCL) e Amparo Alonso-Betanzos (UDC). Esta cita, que parte duns inmellorables precedentes (na edición anterior xuntou un cento de investigadores e docentes procedentes dos ámbitos profesional e académico), conta coa colaboración da Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e Big Data e a Rede Española de Big Data e Análise de Datos Escalable, xunto co Centro de Investigacións TIC (CITIC) da Coruña.
Segundo nos contan dende este centro, o obxectivo é tomarlle o pulso ao que se está a facer agora mesmo en materia de “aprendizaxe máquina en contextos de información masiva”, sendo coñecido isto último popularmente como Big Data. Farase fincapé nalgunhas das principais liñas de investigación abertas dende as esferas académicas e empresariais, liñas moitas moitas delas destacables pola xeración de valor e, tamén, “por facer da información unha ferramenta máis transparente e usable que permite mellorar a toma de decisións empresariais”, explica o CITIC.
Sinalar tamén que de face “a promover o interese” dos sectores docentes e corporativos a organización decidiu artellar os relatorios en aspectos relacionados coas dúas devanditas vertentes, contando asemade con descricións de casos de uso e aplicacións empresariais.
O programa da xornada é o seguinte:
Luns, 25 de abril
9:00 h: Apertura das xornadas
10:00 h: John Shawe-Taylor
11:00 h: Bernardino Romera
12:00 h: Pausa café
12:30 h: Andrej Muhic
13:30 h: Xantar
15:30 h: Antonio Fabregat
16:30 h: Donald Lawrence
17:30 h: Synergic Partners (pendentes de confirmación)
Martes, 26 de abril
9:00 h: Apertura da xornada
10:00 h: María Rubio
11:00 h: David Martínez
12:00 h: Coffee break
12:30 h: Guillermo Taboada
13:30 h: Comida
15:30 h: Diego Peteiro e Gianandrea
16:30 h: Abanca (pendente de confirmación)
17:30 h: Peche das xornadas
A Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e o CITIC impulsan o encontro Big Data A Coruña 216
Compartir Este Artigo

