O xigante taiwanés Foxconn, un dos principais fabricantes mundiais de produtos como o iPhone, asinou o pasado sábado o acordo co que farase coas dúas terceiras partes de Sharp, o fabricante xaponés de pantallas, que grazas a esta operación farante a súa viabilidade e consegue o pulo que precisaba para poder competir nun sector cada día máis complexo.
A operación supón un investimento duns 3.500 millóns de dólares por parte de Foxconn, co que confían que Sharp poida volver á senda da rendibilidade, polo que manterán a súa aposta pola tecnoloxía de pantallas IGZO, propia de Sharp, e que presume de ser superior á tecnoloxía OLED dos seus competidores, sendo incluso máis eficiente enerxeticamente, de xeito que o 60% dos paneis que que fabricará Sharp nos vindeiros meses serán IGZO, mentres que o 40% restante correspondería a pantallas OLED.
O director xeral de Foxconn, Terry Gou, asegurou tras a sinatura da operación que procurará manter os postos de traballo en Sharp, aínda que tamén lembrou que en Foxconn teñen como costume despedir anualmente entre o 3 e o 5% dos empregados de menor desempeño.
Foxconn controlará Sharp
Compartir Este Artigo
