Movistar continúa a informar da suba de prezos de servizos a través das súas facturas, para que os clientes que non estean conformes co cambio de condicións poidan desistir do contrato ou do servizo determinado sen penalizacións, e o último servizo en incrementar o seu prezo é o do contestador automático, servizo sen cota mensual que carga 6,05 céntimos (IVE incl.) por chamada cun máximo de 2,42 euros/mes con independencia do número de mensaxes recuperadas (de 0 a 50), que a partires do 1 de xuño pasará a cobrar 12,01 céntimos por chamada para consultar as mensaxes (conservando o límite máximo de 2,42 euros mes).
Trátase dunha suba bastante difícil de percibir, xa que diríxese a cantidades moi cativas dun servizo cun uso bastante reducido, e que os usuario máis intensivos non percibirían por pagar habitual os 2,42 euros de máximo que se cobra polo servizo.
Outros servizos que tamén suben de prezo son os paquetes de Cine e Series, que suben 1 e 2 euros respectivamente, quedando en 10 e 7 euros/mes, aplicándose as novas tarifas a partires do 1 de maio.
Movistar continúa a informar de subas de prezo
Compartir Este Artigo
