
Nesta edición presentáronse medio cento de proxectos levados a cabo por grupos compostos por ata 8 alumnos e un profesor pertencentes a distintos centros de ensinanza primaria e secundaria de Galicia. O concurso estivo dividido en dúas categorías: I – de 4º a 6º de primaria e II – de 1º a 3º de secundaria
Nunha primeira fase de selección, a través da ferramenta de análise de proxectos DrScratch, foron 17 os proxectos que obtiveron unha nota de entre 14 e 21 puntos e que pasaron a formar parte do grupo de finalistas. De entre estes, o xurado do I Concurso de Scratch Aprendo Programando, emitiu o seguinte fallo:
Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto Camiño Preguntón do CPI Virxe da Cela, grupo VirtualKids e o segundo premio foi para o proxecto Paseniño, paseniño, faise o camiño do CEIP Vilar de Barrio, grupo Galopíns.
En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o proxecto Andando o Camiño do IES De Brión, grupo Camiñantes e o segundo premio foi para o proxecto Aventuras do Camiño do IES Carlos Casares, do grupo Scratchers en Viana.
O concurso é unha actividade máis das que ven realizando o CPETIG nos últimos anos de cara a difundir os valores da programación entre os nenos, os seus pais e os seus formadores.
O CPETIG entrega este sábado os premios do Concurso de Programación en Scratch
Compartir Este Artigo

