
Tamén se achega neste novo número o habitual artigo de opinión do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, quen aposta na súa contribución por “unha tecnoloxía cooperativa, integradora e segura da man dos profesionais certificados”, facendo fincapé no reto da seguridade e a privacidade informática e na necesidade de garantir que as/os responsables das mesmas, presentes en todo o ciclo de deseño e desenvolvemento dos produtos e servizos, “sexan profesionais debidamente formados e cualificados”.
Asemade, a revista incorpora un artigo de opinión de Sandra Sinde, directora de Compra Pública Innovadora e Innovación Aberta en Idom Consulting, ademais da sección habitual de Beneficios colexiais e da repercusión nos medios de comunicación da actividade do CPEIG.
A Noite da Enxeñaría en Informática, polo miúdo no novo número de TIG@
Compartir Este Artigo

