O proxecto Pedaleando por Vilagarcía está a coller pulo na Rede. Trátase, orixinalmente, dunha exposición organizada polo colectivo O Faiado da Memoria para recuperar e visualizar ante o mundo o pasado da cidade, as súas xentes e os seus modos de vida a través do emprego cotián dun aparello que foi concibido, precisamente, para mellorar eses modos de vida: a bicicleta. Segundo fan saber dende O Faiado, a exposición vén de converterse agora en libro da man de Phottic, a plataforma en liña de recuperación do patrimonio fotográfico.
O proxecto, como lembraremos, ten web de seu, a través de ofaiadodamemoria.org. O punto de venda en liña témolo dispoñible xa na tenda Phottic. Para quen queira saber máis desta iniciativa dixital, recordar que se presenta hoxe mesmo (10 de agosto) no Mercantil de Vilagarcía.
Pedaleando por Vilagarcía transfórmase en libro grazas a Phottic
Compartir Este Artigo

