
Como lembraremos, a firma ten a sede central en Compostela e delegacións en Valladolid, Madrid e Cidade da Panamá. A súa actividade céntrase sobre todo nos ámbitos da seguridade, as comunicacións e os servizos TIC avanzados.
Polo que respecta aos proxectos adxudicados, sinalar que un deles consiste en fornecer recursos para a xestión do sistema de control de accesos de vixilancia da devandita Cidade da Saúde, macrocomplexo onde Ednon tivo oportunidade de fornecer igualmente equipamento de distribución, sistema de cable estruturado e electrónica de rede. O outro proxecto conseguido implica o desenvolvemento de traballos de consultoría para a plataforma de Sistemas do Ministerio de Sanidade de Panamá.
Polo que atinxe a Ednon, dicir que é unha empresa galega especializada na integración de servizos avanzados TIC. Fundada no ano 2004, e de capital privado independente, opera en todo o territorio español a través das súas oficinas en Santiago de Compostela, Valladolid e Madrid e no eido xeográfico Latam&Caribe a través da súa filial Ednon International, S.A. localizada en Panamá, país onde encetou a súa andaina hai agora seis anos e grazas ao cal obtén xa boa parte da súa facturación.
A galega Ednon leva as tecnoloxías máis punteiras a Panamá
Compartir Este Artigo

