A Asociación Vontade, centrada na integración de persoas con diversidades funcionais e cognitivas e integrada na Confederación Galega de persoas con Discapacidade (COGAMI), vén de anunciar un curso de alfabetización dixital para o vindeiro mes de setembro. A actividade comezará o 20 de setembro, abordándose temas como Internet, uso do correo electrónico, o manexo da tableta e máis do teléfono intelixente. A Asociación Vontade está emprazada no concello de Tomiño e o seu obxectivo fundamental é fomentas capacidades dos ditos colectivos e loitar pola súa integración social. Neste mesmo ámbito insírese o devandito curso tecnolóxico.
Enmarcada no programa Depo en Marcha que financia a Deputación de Pontevedra, a actividade formativa impartirase os martes e xoves de 10 a 12 horas, cunha previsión de fin a data de 10 de novembro. Está dirixida a persoas coas ditas diversidades e características, aínda que non é excluínte con respecto a outros colectivos. A formación ten un custo de 6 euros por persoa. Para mais información, ou reserva de praza, contactar que asociación Vontade no teléfono 986 62 30 ou a través da seguinte dirección de correo electrónico: tsocial@vontade.org.
Vontade organiza en Tomiño un curso para afianzarnos no uso práctico nas TIC
Compartir Este Artigo

