
Segundo fixo saber Díaz, a iniciativa encamíñase a “incrementar o atractivo turístico das Meninas de Canido”, certame que estes días encheu de actividade artística, música e arte o devandito barrio ferrolán.
Nun plano máis concreto, a aplicación Visuar permitiu aos visitantes acceder a “un novo e inesperado” xeito de gozar das 18 Meninas habilitadas: enfocándoas, o público tivo ocasión de velas moverse ou mesmo bailar. A ferramenta foi realizada por Ecosistema 3D, unha empresa de Ferrol, de Canido concretamente, segundo destacou Bruno Díaz, que engadiu que o que se pretendía era “contribuír e poñer valor esta iniciativa para as persoas que veñen todo o ano ás Meninas, engadindo valor a unha visita que está constatado que ten un interese turístico moi importante”. No acto de presentaicón, o propio impulsor das Meninas, Eduardo Hermida, salientou moi positivamente a posta en marcha desta realidade virtual que permite “modernizar e actualizar todo o que significa a pintura”.
Turismo de Ferrol levou a realidade aumentada ás Meninas de Canido
Compartir Este Artigo

