Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuventude Galicia Net volve a Silleda a vindeira fin de semana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Xuventude Galicia Net volve a Silleda a vindeira fin de semana

Redacción
Publicado: 06/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xgn_14188326_1068866783221484_6058914102366465839_o.jpgDo 9 ao 11 de setembro celebrarase no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA unha nova edición de Xuventude Galicia Net, LAN party que congregará competicións de videoxogos terán un papel protagonista e repartirán premios valorados en máis de 6.000 euros. Entre elas destacarán os torneos oficiais, os cales contarán con premios de maior relevancia e serán cinco, centrados nos populares videoxogos League of Legends, Hearthstone, FIFA 2016, Counter Strike: Global Offensive e Rocket League, sendo este último unha nova incorporación. A estes torneos oficiais engadiranse, tamén como novidade, tres non oficiais, dos videoxogos Overwatch, Heroes of Storm e DOTA 2.
As restantes competicións da festa informática serán propostas diversas, tales como a de Seguridade, na que os participantes poderán poñer a proba todos os seus coñecementos rompendo a seguridade dun sistema, a de preguntas e respostas sobre informática e videoxogos ou unha xincana.
Neste programa de competicións soamente poderán participar os inscritos na zona Intranet da party, os cales desfrutarán nesta área dun posto de altas prestacións para o seu equipo informático e terán dereito a acampar no pavillón.
Aos torneos súmanse moitas outras actividades, as cales estarán orientadas tanto aos inscritos como a todo tipo de público que acuda ao recinto, polo que se celebrarán na Extranet, é dicir, na zona de acceso libre da party.
Entre outras zonas, haberá unha de ordenadores e unha de consolas de última xeración, canchas de fútbol, baloncesto e tenis, un campo de paintball e unha pista de karting, zona Nerf (nela os asistentes poderán competir nun campo con obstáculos con diferentes armas de combate, como pistolas nerf ou armas de gomaespuma), zona Radiocontrol (orientada a xogos con coches teledirixidos), zona Drone (un circuíto onde os asistentes utilizarán minidrones para superar obstáculos) e tamén área de xogos con futbolíns, pimpón, air hockey, frisbie, xadrez e tiro con arco de ventosa. A elas sumaranse, entre outras actividades, exhibicións de tiro con arco olímpico, talleres de maquillaxe zombie, snookball (billar xigante no que se empregan pelotas de fútbol en lugar de bolas de billar), o (lan) piadas (parodia das olimpíadas con probas como petanca informática ou lanzamento de DVD), exposicións de artigos friki e de esculturas de súper heroes ou actividades relacionadas con Star Wars e a visita de personaxes desta saga da man da asociación Tropa Korriban.
As conferencias tamén formarán parte das actividades da nova edición de Xuventude Galicia Net, centrándose en temas como os e-sports, a creación de videoxogos e o radiocontrol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?