Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra abrirá unha fiestra ás tecnoloxías do futuro durante a celebración do TEK-FEST
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Pontevedra abrirá unha fiestra ás tecnoloxías do futuro durante a celebración do TEK-FEST

Redacción
Publicado: 16/09/2016
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

rptek1.jpgTecnoloxías como o big data, a realidade virtual, a arte dixital ou as cartografías urbanas serán as protagonistas da I edición do TEK-FEST, Encontro Internacional de Tecnoloxías Emerxentes, que baixo o lema de #ACidadeDoFuturo pretende «situar a Pontevedra no mapa das novas tecnoloxías e fomentar o emprego destas tecnoloxías para mellorar o mundo», tal como sinalou esta mañá en rolda de prensa a Concelleira de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra, Anabel Gulías, que estivo acompañada polo director creativo do TEK-FEST, Toño Cabanelas, para presentar os contidos e programación do evento.
Cabanelas destacou a presenza de expertos, tecnólogos e artistas «de calado internacional» como Miguel Espada de EspadaySantaCruz, un dos mellores estudos creativos de arte dixital, que realizará no Pazo da Cultura o 30 de setembro unha instalación interactiva feita con lámpadas incandescentes, baseada no proxecto Light Kinetics que presentou recentemente no MOMA de New York. A instalación, unha obra de arte efémera que só se poderá ver ese día no TEK-FEST, e que está inspirada na Ponte do Burgo de Pontevedra, será aberta a todos os veciños da cidade, visitantes e participantes nas actividades do TEK-FEST, xunto cunha performance sonora a cargo do crítico de arte José Manuel Costa , do programa Retromanía (Radio 3) que fará un percorrido pola historia dos distintos soportes sonoros ao longo do século XX e como estes foron modificando o comportamento das persoas nas cidades.
Anabel Gulías salientou especialmente esta unión entre tecnoloxía e música, como exemplo da visión que o TEK-FEST quere mostrar, que vai máis alá de mostrar meras ferramentas, senón que pretende mellorar a vida da cidadanía a través da información, a educación, o turismo ou a industria . Así o detallou Toño Cabanelas presentando a programación do Symposium do 30 de setembro, no que persoas relevantes a nivel internacional procedentes da filosofía, o deseño, a moda, a programación e a música reflexionarán sobre a cidade do futuro no entorno dixital. Como mestre de cerimonias actuará o xornalista Manuel González, director do programa de Televisión Española Zoom Net, dedicado á información tecnolóxica.
A conferencia inaugural do Symposium correrá a cargo do filósofo Pedro Medina​ e o deseñador Javier Maseda​, do estudio Sopalmo, que reflexionarán sobre a evolución histórica da noción de cidade e como a tecnoloxía dixital proxecta o seu futuro. Tras eles intervirá a deseñadora Isabel Berz​, unha das maiores innovadoras do mundo na fusión de moda, tecnoloxía e proxectos sociais, que falará sobre A nova educación: cara a un novo modelo baseado na innovación e na investigación. Javier Noguerol​ de CARTO achegaralles ás persoas asistentes unha introdución ao big data relacionado coas cidades, e Jimena Merino​, unha das primeiras directoras artísticas de realidade virtual que hai en España, falará da democratización da realidade virtual e da imaxe inmersiva a través do seu uso nas redes sociais, con exemplos prácticos.

Contidos
  • PlayStation VR en primicia
  • Obradoiros para crear mapas de datos e realidade virtual

PlayStation VR en primicia

psvr-preorder-standard-hero-desktop-tablet-01-eu-15aug16.jpgPara as persoas máis ganas de fedellar o TEK-FEST ofrecerá a posibilidade de probar de primeira man moitas das tecnoloxías de realidade virtual máis avanzadas , mesmo algunhas que aínda non están no mercado, como a próxima consola en realidade virtual de Sony, a PlayStation VR , que revolucionará o mundo dos videoxogos con entornos inmersivos en 360º. Para poder probar esta consola e outros gadgets como as gafas de VR interactiva HTC Vive ou os últimos modelos desenvolvidos por marcas como Samsung, todas as persoas que queiran poderán achegarse o 30 de setembro pola tarde ao Pazo da Cultura ou o 1 de outubro durante todo o día na Casa da luz de Pontevedra.

Obradoiros para crear mapas de datos e realidade virtual

rptek2.jpgA convocatoria para os obradoiros do TEK-FEST está aberta ata o 20 de setembro, quedando algunhas prazas dispoñibles para os profesionais que queiran asistir. Trátase de dous obradoiros de 12 horas que se celebrarán simultaneamente durante 3 días, do 27 ao 29 de setembro . O primeiro deles titúlase VR 360: Audio, Video & Programming e estará impartido por Antonio Víctor García-Serrano (Zakato), un dos mellores camarógrafos 360 a nivel mundial, e polo estudio Bermudas Land , pioneiros da VR en España con sede en Galicia e Madrid. Xuntos veñen de ser seleccionados pola prestixiosa mostra Kaleidoscope pola súa obra Fragments, realizada en 2015 na Illa de San Simón e considerado o primeiro fashion film en realidade virtual en todo o mundo. A peza poderá verse en San Francisco o 30 de setembro, data na que se conectará dende o TEK-FEST en directo para presentar ese gran fito da VR en España.
O segundo taller leva por título Carto: Location Intellingence e estará impartido por Javier Noguerol, responsable de intelixencia de produto de CARTO , unha empresa con sede en Madrid que é das máis destacadas internacionalmente na análise e visualización de datos xeolocalizados. Neste obradoiro os participantes crearán os seus propios mapas interactivos da cidade de Pontevedra a partires de datos abertos relacionados co medio ambiente e o gasto enerxético, e aprenderán a usar esta tecnoloxía a través da ferramenta CARTO Builder, pensada para deseñadores, xornalistas e perfís profesionais que traballan con datos pero sen precisar saber programación.
A matrícula de cada obradoiro custa 300 euros e formalizarase logo dun proceso de selección entre os aspirantes a participar. Para o simposio, que será a xornada de conferencias do día 30 de setembro, as estradas están xa á venda a un prezo de 30 euros. As actividades do venres pola tarde e o sábado todo o día son de entrada libre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?