
Destes galardóns falamos recentemente en Código Cero, dando conta das resolucións do xurado e, polo tanto, das identidades das empresas, institucións, organismos e investigadores premiadas/os no certame.
Por certo que esta 21 edición do evento xirará baixo o lema A transformación dixital. O desafío 4.0. Con este epígrafe, a organización quere subliñar a importancia da integración de sectores tan estratéxicos como o económico, servizos e industrial coa sociedade tecnolóxica, “en aras dunha nova economía dixital e sustentable”.
O comezo da Noite está previsto para as 20.00 horas co cóctel de benvida aos asistentes e as sesións de networking. Ás 21.30 realizaranse as presentacións do evento (facendo fincapé no lema que o acompaña e nos concepto que abrangue este lema) e, logo, a entrega de recoñecementos dos Premios Galicia das Telecomunicacións. Ás 23.00 horas está previsto que comece a cea de gala.
A Toxa acolle o día 30 a XXI Noite Galega das Telecomunicacións
Compartir Este Artigo

