Fondo pesar no ámbito tecnolóxico galego polo pasamento de Fernando Pardo Bustillo, enxeñeiro responsable de grandes proxectos no noso pais entre os que destacou o da posta en marcha da Radio Galega e a Televisión de Galicia.
Doutor enxeñeiro de Telecomunicacións, foi responsable da parte técnica da CRTVG e posteriormente de Canal Sur, radio e televisión. Continuou o seu traballo como responsable de M-80 Radio e de Canal Nou Valencia.
Contratado por Price WaterhouseCoopers chegou a ser socio da consultora e impulsou o comercio electrónico e presidiu a asociación española do sector. Os proxectos do último concurso de licenzas de TDT en Galicia e os estudos de interferencias electromágneticas dos parques eólicos están entre os seus derradeiros traballos.
A nova do pasamento dada a coñecer polo noso amigo Xavier Alcalá, causou unha forte conmoción no sector da enxeñería en Galicia.
Colaborador de Código Cero e Código TV nos seus primeiros tempos, queremos desde esta redacción amosalo noso profundo pesar a súa familia polo seu pasamento. Descanse en paz.
Falece o enxeñeiro Fernando Pardo Bustillo
Compartir Este Artigo

