Un grupo de 13 escolares de Santiago, con idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos, participaron durante a mañá do pasado sábado, acompañados polos seus pais ou nais, nun obradoiro práctico de aprendizaxe para programar videoxogos con Scratch (ferramenta baseada en pezas encaixables que serven para construír pequenos programas) que tivo lugar na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia, organizado polo Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) coa colaboración da AMTEGA.
A participación no obradoiro, impartido por Código Octopus, supón a aprendizaxe da utilización de Scratch como factor creativo e motivador, utilizado con obxectivos didácticos.
O obxectivo desta iniciativa é ampliar progresivamente o número de escolares de Galicia que acceden de forma lúdica e divertida ao coñecemento da programación informática como ferramenta didáctica, tomando conciencia da súa potencia como medio de expresión creativa.
A implicación das familias é determinante como apoio para que a rapazada se sinta atraída pola programación informática, de xeito que esta experiencia didáctica e divertida sexa un labor a continuar na casa.
O CPETIG organizou en Compostela un obradoiro de programación de videoxogos con Scratch
Compartir Este Artigo

