Lugo servía este sábado 22 de outubro de punto de celebración para a VI Xuntanza de Blogueiros Gastronómicos de Galicia. Deste xeito, Darío Campos Conde (presidente da Deputación) recibía o sábado no Pazo de San Marcos aos 21 bitacoreiros e os seus acompañantes para participaren neste encontro de toda a Comunidade que se celebrou en pasadas anualidades en Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Vigo e Pontevedra. Botando unha ollada cara o pasado, a Xuntanza de Bloggers Gastronómicos nacía hai 6 anos, cando un grupo de blogueiros comezaban a reunirse para partillar experiencias, receitas e degustar produtos gastronómicos.
Este ano a organizadora da xuntanza lucense, Verónica Corral, acompañaba aos blogueiros a visitar a Catedral de Santa María; a Cociña Monacal do Museo Provincial de Lugo; e tomaban algunha tapa polo casco histórico da cidade; xantando logo no Restaurante Paprica; e pechando o encontro coa visita á Muralla Romana para facerse a foto de grupo deste ano.
Os blogueiros participantes nesta VI edición foron: Verónica Corral (Lugo) co seu blog Galletas habelas hailas publica; Emilia Santiago Blanco (Pontevedra) co seu blog Cousas de Milia; Mª Belén Delgado Pulgar (Avilés) co seu blog El toque de Belén; Begoña Río (Xixón) co seu blog La cocina de Samira;Carlos Díaz Herrera (Lugo) co seu blog Pasear Galicia; Encarna Fernández (Avilés) co seu blog El paraíso de los golosos; Ana (A Coruña) co seu blog Bares y más Lugares; Viví Taboada (Pontevedra) co seu blog Ó carón da lareira; Jose Armoso (O Grove) coa súa páxina de Facebook Turismo Verde de Galicia; Luis Domenech (Vilagarcía de Arousa) co seu blog La buena Pitanza; María Pérez Patiño (A Coruña) co seu blog Desayuna Coruña; Malena González Reza (Ourense) co seu blog Las recetas de Malena; Juan Carlos Alonso (A Coruña) co seu blog Gastronomía en Verso; Chus Nenalinda (O Barco de Valdeorras) co seu blog Siguiendo a Nenalinda; Marimi Garde Lucotti (Vigo) co seu blog Sabores y olores; Majes Rodríguez (A Laracha) co seu blog Asómate a mi cocina; Teresa Vázquez Amado (Nigrán) co seu blog El mundo de Miss Flower; José Antonio (A Coruña) co seu blog Rutas y restaurantes; Marisa Fernández (Ourense) co seu blog Cocinando para ellos; Victoria Morales (Santiago de Compostela) co seu blog Taller de azúcar; Mª José Basanta (Santiago de Compostela) co seu blog Laurel y canela; Mar Rodríguez (Lugo) co seu blog Mar entre fogones; Fátima Galbán (Lugo) coa súa tenda en liña Dulce río del bueno e Frenchy Oubiña (Santiago de Compostela) co seu blog Galicia Mola.
Dúas ducias de blogueiros gastronómicos xuntáronse esta fin de semana en Lugo
Compartir Este Artigo

