
Segundo informa AMTEGA, de quen depende o CDTIC, a sesión (unha sesión tripla) servirá para que os asistentes coñezan de primeira man o percorrido de Kiply (que ofrece un software para medir a produtividade persoal), Twibex35 (coa súa ferramenta para captar o sentimento de mercado de valores e investimentos) e Xesol Innovation (con proxectos de eficiencia enerxética, motor e cidades intelixentes). “Esta xornada”, explica AMTEGA, “está destinada principalmente a potenciais demandantes das solucións tecnolóxicas presentadas”. Para asistir cómpre inscribirse na web do CDTIC. A asistencia é de balde e aínda é posible anotarse, xa que as prazas, polo momento (a día 27 de outubro), non están cubertas.
Kiply, Twibex35 e Xesol amosarán a súa andaina innovadora no CDTIC
Compartir Este Artigo

