Por segundo ano, a Facultade de Informática da Coruña (FIC) anuncia a apertura da convocatoria para acadar o Premio ao Mellor Traballo de Fin de Grao (TFG) Aplicado da FIC, un galardón co que se busca premiar aos mellores traballos fin de grao aplicados do curso 2015/2016. Así, poderá participar neste concurso o alumnado con cualificación no seu Traballo de Fin de Grao (TFG) 2016 de Matrícula de Honra, sendo o premio de 1.500 euros para o gañador e 2 accésits de 500 euros. Cómpre sinalar que desta vota, a edición conta co patrocinio de importantes empresas como Everis, Grupo Voz, INDRA, Instituto Tecnolóxico Galego (ITG) ou Telecom, amais da colaboración do Centro de Investigación TIC CITIC e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC).
O xurado que avaliará o aspecto técnico das solicitudes presentadas e o interese práctico do desenvolvemento das mesmas será conformado polas propias empresas colaboradoras. A resolución comunicarase en xaneiro de 2017, mais o prazo para a recepción de candidaturas xa está pechado (do 17 ao 21 de outubro).
A FIC organiza a segundo edición do seu galardón ao mellor traballo fin de grao
Compartir Este Artigo

