
Segundo informan os organizadores das xornadas, estas veñen cun inmellorable precedente: o éxito das anteriores edicións, que “referendan a relevancia destes encontros”, nas súas palabras “fitos anuais clave para o sector empresarial, organismos internacionais e comunidade científica”.
Desta volta, nesta nova edición do evento, abordaranse temáticas punteiras a través de relatorios relacionados cos principios da nanotecnoloxía, a futura serie de fragatas F-110, a computación cognitiva, as comunicacións en contornas adversas e a detección e seguimento de lixo espacial, entre outros moitos asuntos de interese.
Estas xornadas realízanse grazas á colaboración entre o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN), o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e a Universidade da Coruña (UDC), coa colaboración do Instituto Matemático Interdisciplinar (IMI) da Universidade Complutense de Madrid.
Intervencións destacadas
As sesións de apertura e peche das xornadas contarán, respectivamente, coas intervencións de Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC e vicepresidente de ITMATI, e Julio Abalde, reitor da UDC. Trala inauguración, o día 3, celebrarase un relatorio a cargo do capitán de navío Antonio Juan González García, xefe do Programa SCOMBA (Sistema de Combate dos Buques da Armada) e membro da Xefatura de Apoio Loxística da Armada.

A UDC xunta esta semana aos expertos máis referenciais da confluencia entre TIC e defensa
Compartir Este Artigo

