A aplicación de mensaxería instantánea Telegram está a incorporar novas prestacións que parecen ir máis aló das súas funcionalidades básicas, e ábrense a novas tendencias de publicación, chamando especialmente a atención que ousasen estrear unha plataforma de publicación en liña, Telegraph, que permite a publicación de entradas de texto enriquecidas con imaxes e contido incrustado, para despois poder compartilas en Telegram. Esta nova plataforma destaca por non precisar nin sequera de rexistro para publicar unha entrada e contar cunha interface de uso que lembra bastante a Medium.
Pero para a masa de usuarios de Telegram posiblemente resultará máis interesante o feito de que agora, ao compartirse un artigo de Telegraph, de Medium ou de algunha outra páxina web (como TechCrunch, aínda que irán ampliando progresivamente a listaxe de páxinas incluídas) estará dispoñible o botón de Instant View que facilitará a carga practicamente inmediata dese contido, que aparecerá de xeito nativo na aplicación na liña do que acontece cos Artigos Instantáneos en Facebook.
Telegram presenta novidades inspiradas en Medium e Facebook
Compartir Este Artigo
