O venres negro está á volta da esquina e as tendas en liña levan varios días publicitando as súas ofertas e promocións exclusivas. Dende Opirata.com, unha tenda en liña galega de tecnoloxía, dinnos como se preparan os diferentes departamentos para afrontar un dos días con máis vendas do ano.
Compras
O departamento de compras ten un papel esencial para conseguir os mellores prezos e tamén para aprovisionarse do stock necesario para a campaña. Isto último é un dos puntos máis importantes: analizar as tendencias e estimar as ventas que haberá, procurando non quedar sen stock dos produtos máis buscados, pero tamén tentando que non se compren máis produtos dos que se poden vender. Entre o máis buscado polos usuarios estes días están os smartphones e tabletas, os ordenadores portátiles ou os discos duros externos.
Atención ao cliente
Reforzo das canles de atención ao cliente, tanto o correo electrónico e a atención telefónica, como o chat en liña ou as redes sociais. Durante a semana de Black Friday as consultas multiplícanse e son moitos os usuarios que contactan ca tenda para pedir consello sobre o produto a comprar, resolver dúbidas ou solucionar posibles incidencias.
Marketing
O departamento de marketing traballa na campaña desde as semanas previas, para conseguir ter a maior visibilidade durante estes días. Algo que non é sinxelo nun mercado que está dominado polas grandes multinacionais que multiplican por moito a inversión publicitarias da empresa galega. Comparadores de prezos, Google Adwords, publicidade en redes sociais e demais ferramentas de marketing focalízanse estes días en atraer visitas á web.
Loxística
A nivel loxístico e de almacén, o Black Friday é un reto importante xa que o número de pedidos medra de forma exponencial. Refórzase o departamento en horas e en persoal, para poder dar saída a todos os pedidos realizados polos usuarios, coa maior celeridade posible.
Tecnoloxía
Nun día como este, morrer de éxito tamén é unha posibilidade. O número de peticións ao servidor increméntase de forma importante, por iso é necesario ter o sistema preparado para unha carga elevada. Desactívanse todos os procesos automatizados que non sexan fundamentais e as copias de seguridade prográmanse a horas que non impacten no funcionamento da web. O espazo dispoñible no disco tamén é importante, xa que se prevé que os logs aumenten e tamén a base de datos, polo que hai que ter o espazo libre suficiente.
Para unha tenda en liña como Opirata.com, mellorar os resultados ano a ano de Black Friday é un importante reto a todos os niveis, pero se hai algo que non pode fallar é a web. Esta ten que estar accesible para os usuarios e as ofertas teñen que ser atractivas, porque a competencia ese día vai a estar moi rifada.

