
O líder da alianza non será outro que César Alierta, promotor de ProFuturo amais de presidente executivo da Fundación Telefónica e patrón da devandita entidade de La Caixa. Alierta, agora asesor global do novo proxecto, sinalou que “a través da educación dixital é posible proporcionar unha educación de calidade a calquera persoa en calquera parte do mundo”.
En termos máis concretos, a colaboración materializarase en tres áreas de actividade principais: procura de socios e alianzas, promoción do papel das empresas no desenvolvemento da educación e implantación dunha liña de traballo en educación dixital, unha liña que en palabras de Alierta “representa a panca de transformación e mellora das oportunidades de millóns de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade”.
Como lembraremos, ProFuturo é unha iniciativa destinada a reducir a fenda educativa no mundo e impulsar a educación dixital de nenos en países emerxentes. Busca, máis polo miúdo, proporcionar “unha educación de calidade” a 10 millóns de nenas e nenos en risco de exclusión social, en só 5 anos. Este proxecto ten vocación de acoller e promover a participación doutras empresas e institucións. Arestora ten proxectos en marcha en África e América Latina, e estenderase por Asia.
As fundacións Telefónica e La Caixa loitarán coa ONU a prol da educación dixital nos países pobres
Compartir Este Artigo

