Durante a pasada fin de semana os usuarios de Lynda.com, popular plataforma de vídeos formativos adquirida por LinkedIn en 2015 (compañía á súa vez adquirida por Microsoft este mesmo ano) recibiron un aviso informando dunha intrusión nos seus sistemas que conseguiu o acceso á súa base de datos, extraendo información de contacto e relación de vídeos vistos dos usuarios, aínda que detallando que os contrasinais parecen non ter sido afectados e, aínda que non poden concretar os usuarios que poderían verse afectados, optaron por informar a todos para que tomen as medidas oportunas.
Estímase que o número de contas afectadas pola intrusión serían unhas 55.000, pero dende Lynda.com decidiron alertar aos seus 9,5 millóns de usuarios, o que contrasta co xeito de actuar doutras empresas como Yahoo, que nos últimos día sóubose que non só se roubaran datos de 500 millóns de usuarios en 2014, senón que un ano antes houbera unha filtración de 1.000 millóns de credenciais de usuario das que non informaron debidamente.
Lynda.com informa dunha intrusión na súa base de datos
Compartir Este Artigo
