A partires de hoxe a aplicación de Messenger de Facebook, tanto en escritorios informáticos como en dispositivos móbiles con iOS ou Android comeza a recibir unha funcionalidade que permitiralle competir de xeito máis directo con servizo como Skype ou os Hangouts de Google, os videochats de grupo.
Deste xeito os partidarios das videoconferencias que non queiran limitarse a conversar de un en un, poden agora verse as caras en grupos, o que agradécese especialmente nestas datas, xa que facilita a realización de encontros familiares ou entre amigos para compartir momentos e felicitarse as festas.
Durante as videoconferencias os usuarios de iOS poden tirar xa proveito de máscaras 3D (herdadas de MSQRD), que chegará en breve a Android, de xeito que calquera poderá engadir elementos divertidos ás conversas en vídeo.
Os grupos de conversa en vídeo a través de Messenger poderán estar integrados por ata 6 persoas á vez, aínda que realmente si poderán estar presentes ata 50 amigos, pero cando haxa máis de 6 participantes só a persoa que está en primeiro plano será a que se presentará a todos os participantes.
A videoconferencia grupal pode activarse en calquera grupo que xa teñamos creado no Messenger, con só premer a icona da cámara de vídeo na parte superior da pantalla do noso dispositivo móbil, aínda que tamén será posible crear novos grupos para establecer unha nova conversa grupal en vídeo.
O Messenger estrea videoconferencias en grupo
Compartir Este Artigo
