Os servizos de transporte non cesan de innovar tirando proveito das TIC, e dende Galicia tamén se fan diferentes achegas a esta revolución, como a plataforma para compartir taxi Diacamma ou o BlaBlaCar da paquetería, GOI, aos que agora únese Lechuzas, un curioso servizo que ofrécese a través dunha aplicación web dende A Coruña, e que permite que condutores nos concellos de A Coruña, Arteixo, Culleredo e Oleiros poidan solicitar un condutor alternativo de xoves a domingo de 22:00 a 6:00 horas, ou sexa, que é un servizo nocturno que busca atender a persoas que queiran gozar do lecer nocturno e volver ao seu fogar no seu coche particular no caso de estar en condicións que puidesen ser un perigo para a seguridade viaria.
O servizo de Lechuzapp é posible grazas a que o condutor contratado desprázase a onde se atope o cliente nunha bicicleta eléctrica pregable, que pode aloxarse no maleteiro do clientes (ocupa só 60 x 65 x 42 centímetros nunha bolsa que evita manchas e desperfectos).
Para gozar de Lechuzapp é preciso rexistrarse no servizo e indicar os puntos de recollida e destino, de xeito que recibirase unha estimación do importe do servizo, que poderá aboarse en efectivo ou a través dun TPV virtual ao finalizar o servizo, tras o que recibirase unha factura por correo electrónico.
Lechuzas busca que os seus usuarios poida desprazarse con seguridade no seu propio vehículo, evite sancións de Tráfico e goce dun servizo rápido (comprométense en pór a disposición un condutor en menos de 30 minutos). Este innovador servizo botou a andar o pasado 9 de decembro.
Lechuzapp permite contratar de noite a choferes para o noso vehículo particular
Compartir Este Artigo
