
A rolda de prensa contou coa participación do presidente de CLUN, José Ángel Blanco, e do director da súa división de Lácteos, Pablo Gómez; do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do administrador da Fundación Carlos Casares e fillo do autor, Hakan Casares; do visecretario da Real Academia Galega, Andrés Torres Queiruga, e da directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez. Segundo fixeron saber, a idea é que “os consumidores de Feiraco engaden ao prace e os beneficios de tomar o noso mellor leite o poderen gozar tamén do mellor da literatura galega”.
Esta iniciativa englóbase na colaboración de Feiraco coa Xunta de Galicia para difundir a celebración das Letras Galegas e a obra dos distintos autores homenaxeados, unha colaboración que foi cualificada de “histórica” e de exemplo perfecto da aposta de CLUN polo idioma, a cultura e máis o patrimonio galegos en todos os ámbitos de actuación.
Ademais do devandito, Feiraco anunciou a organización (novamente) do seu xa tradicional Certame de Microrrelatos Letras Galegas, do que xa falamos os días pasados dende Código Cero, salientando o seu obxectivo de incentivar a creación literaria e animando a todos os galegos que queiran participar a compartir os seus relatos a través dunha aplicación que está dispoñible ata o 17 de maio na páxina web da marca, www.feiraco.gal.
Para facelo, para achegaren cadansúas contribucións literarias, terán que compartir na devandita ferramenta do concurso acubillada en www.feiraco.gal un relato orixinal, escrito en galego, que comezará coa seguinte frase de Carlos Casares “E ali estaba, sentado nun sillón azul…“, pertencente á obra casariana Deus sentado nun sillón azul. Ademais, disto, non deberán superar os 500 caracteres nos que se inclúan tanto espazos como a frase inicial proposta.
Todas as persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden consultar as bases legais do certame en poden xa na páxina de Feiraco e terán que enviar os seus microrrelatos dende xa e ata o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. Un xurado conformado por escritores, membros de Feiraco e da Secretaría Xeral de Política Lingüística serán os encargados de avaliar as contribucións participantes para escoller os/as gañadores/as desta edición valorando a orixinalidade e creatividade da historia, a coidada redacción e o uso correcto da lingua galega.
De entre as persoas participantes, seleccionaranse un total de seis, tres por categoría, que se darán a coñecer o 5 de xuño no mesmo web da marca. Os primeiros premios de cada categoría recibiran cadanseu exemplar da Enciclopedia galega universal e os catro restantes un lote de títulos de literatura galega cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, así como un lote de produtos Feiraco.
Feiraco achega descargas de obras de Carlos Casares a través do QR dos seus cartóns
Compartir Este Artigo
