A 5G chega a Digi
luns, 12 de febreiro do 2024
Nos últimos meses fomos vendo como distintos operadores de baixo custo estreaban conectividade 5G, e agora é a quenda de Digi, compañÃa que está a anunciar que xa ofrece 5G a todos os seus clientes de telefonÃa móbil de xeito automático e sen custo adicional.
Dende Digi lembran que a 5G supón unha mellora de velocidade e latencia con respecto á 4G, e para gozar da 5G con Digi é preciso ter un smartphone compatible e estar nunha zona con cobertura (ofrecida por Movistar, polo que a 5G de Digi chegarÃa a preto do 85% da poboación).
Deste xeito Digi convértese nunha das ofertas de telefonÃa móbil 5G máis económica do mercado, partindo de liñas con chamadas ilimitadas e 15 GB de datos por 7 euros/mes (que quedarÃa en 5 euros/mes para os clientes que teñan contratado fibra coa compañÃa).