A 8ª edición de Elas Fan CienTec achegou dúas ducias de obradoiros para facer canteira STEM feminina
venres, 9 de febreiro do 2024
Coa finalidade de fomentar a igualdade na ciencia e na tecnolóxica, dous ámbitos que presentan moi baixa presenza de investigadoras, cientÃficas e tecnólogas, celébrase cada 11 de febreiro en todo o mundo o DÃa da Muller e a Nena na Ciencia, unha efeméride á que a Universidade de Vigo sumouse con múltiples iniciativas, entre elas, Elas Fan CienTec, que este xoves 8 de febreiro trouxo ao campus máis de 200 mozas de institutos da contorna para coñecer o traballo que realizan cientÃficas e tecnólogas da Universidade de Vigo.
A finalidade era espertar entre as nenas e mozas o interese pola ciencia e a tecnoloxÃa e xerar vocacións de futuro para asà reverter a escasa presenza de mulleres nas carreiras STEM (nas carreiras do eido cientÃfico e tecnolóxico da UVigo a presenza feminina apenas supera o 30%; e nalgunhas carreiras non chega ao 10%).
Ao longo da xornada, estas 226 estudantes de institutos de Vigo e Mos participaron en 24 obradoiros que organizaron para elas docentes e investigadoras do CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, na Escola de EnxeñerÃa Industrial, na Escola de EnxeñarÃa de Minas e EnerxÃa, na Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicación e no CACTI, Centro de apoio CientÃfico-Tecnolóxico á Investigación.
Obradoiros no CINBIO para o IES Castelao
O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo programou sete obradoiros para 47 mozas do IES Castelao que, ao longo da mañá deste xoves 8, puideron achegarse ás distintas liñas de investigación que se desenvolven no centro. Por exemplo, tiveron oportunidade de coñecer un laboratorio de quÃmica orgánica con diferentes experimentos, de achegarse ás propiedades dos materiais na escala dos nanómetros e á preparación de nanopartÃculas de ouro, de facer xogos sobre as enfermidades raras, de sintetizar nanopartÃculas magnéticas e comprobar as súas propiedades ou de simular a encapsulación de fármacos. Tamén asistiron a obradoiros sobre luminiscencia, polarización da luz, quiralidade o biomimetismo, sobre citometrÃa e sobre neurocircuitos.
EnxeñerÃa Industrial acolleu estudantes do IES Alexandre Bóveda
Outro dos centros que participou en Elas Fan CienTec foi a Escola de EnxeñarÃa Industrial, onde as súas investigadoras prepararon dous talleres para un grupo de 52 estudantes do IES Alexandre Bóveda. En concreto, estas mozas participaron nun obradoiro de termografÃa infravermella, no que coñeceron tanto as técnicas de ensaio como as aplicacións desta tecnoloxÃas na prevención de incendios ou na mellorara da eficiencia enerxética nos fogares. No outro taller, investigadoras da EEI explicáronlles os importantes avances no eido da sanidade a través do deseño e fabricación de implantes e tamén tiveron ocasión de observar como se deseña un prototipo e como se realiza a súa ensamblaxe dentro do conxunto empregando o software de deseño 3D.
Obradoiros en EnxeñarÃa de Minas e EnerxÃa para o IES de Mos
A través de xincanas, concursos e actividades manipulativas, 22 mozas do IES de Mos achegáronse ao traballo dos grupos de investigación da Escola de EnxeñarÃa de Minas e EnerxÃa. Ao longo da xornada asistiron, por exemplo, a un taller de fabricación de pinturas e a outro de recoñecemento de minerais, e participaron nun concurso grupal, The Wall, para construÃr o muro máis resistente, formulando para isto, diferentes solucións en cada fase de construción do muro, dende a selección de materiais ata o deseño e disposición dos principais elementos. Finalmente, tamén tivo lugar unha xincana sobre conceptos de combustión, cunha parte inicial sobre os fundamentos deste proceso e outra máis interactiva sobre as súas aplicacións.
Obradoiros en EnxeñarÃa de Telecomunicación do IES de Valadares
A Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicación abriu as súas portas a un grupo de 57 alumnas do IES de Valadares para as que deseñaron tres actividades lúdicas e formativas. Por unha banda, o taller Detectives de imaxes permitiulles achegarse ao mundo da análise forense de imaxes, para explorar o funcionamento dalgunhas ferramentas que permiten detectar e manipulacións e xerar as súas propias edicións para poñelas a proba. Por outra banda, tamén aprenderon a programar un xogo con Scratch, definindo unha personaxe, un escenario e un reto. Finalmente asistiron a un taller de introdución á programación web e ao seu funcionamento, no que aprenderon a programar unha páxina web en linguaxe HTML, concretamente un perfil de Instagram dunha cientÃfica relevante no ámbito TIC.
O CACTI ábrese ao alumnado do IES Valadares
Outro grupo de 48 alumnas do IES Valadares tivo como destino o Centro de apoio CientÃfico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI). Alà deseñaron para elas oito obradoiros sobre microscopÃa electrónica e óptica, sobre separación e identificación de microplásticos en area de praia, sobre a determinación de estruturas quÃmicas ou sobre electroforese de biomoléculas. Tamén participaron no taller titulado CSI Las Vegas? Non!! CSI Superficies.. Encontras o falso? Cazamos ao falsificador! no que empregaron a metroloxÃa óptica para detectar falsificacións mediante medidas na superficie e noutras actividades sobre técnicas de análise quÃmico das superficies ou sobre microscopÃa.