A Asociación Pont-Up Store entrega este venres os II Premios á Innovación
xoves, 23 de abril do 2026

- Premiados na primeira edición nunha imaxe de Bea Ciscar
A Asociación Pont-Up Store entrega este venres, a partir das 19.15 horas no Liceo Casino de Pontevedra (no 19 da rúa de Manuel Quiroga) os seus II Premios á Innovación, destinados a recoñecer o talento (en produtos, servizos e procesos) das empresas asociadas á Pont-Up. Os galardóns céntranse na innovación de produto/servizo, comercial/mercadotecnia ou organizativa estratéxica.
A Asociación para o Emprendemento e a Innovación: Pont-Up Store é unha entidade nada en Pontevedra dedicada a impulsar, apoiar e visibilizar o novo emprendemento e incrementar a cultura emprendedora na sociedade.
O seu proxecto estrela é o evento anual do mesmo nome, considerado un dos encontros de referencia para o emprendemento no noroeste peninsular.
Ademais, convocou os Premios á Innovación, que chegan a súa segunda edición, cos que apoiar o talento e Impulsar ideas de negocio orixinais e sostibles no territorio e, tamén, achegar o mundo da empresa á cidadanía e á mocidade.
Programa do acto
19:15 - Apertura da sesión: Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e Pedro Figueroa Dorrego, presidente da asociación.
19:20 - Nomeamento de Luis Taboada Villamil, CEO de Qbitia e Tales Venture, como membro de honra da asociación.
19:30 - Intervención de Patricia López Quintiá, subdirectora da área de Innovación do IGAPE.
19:40 - Entrega de Premios á Innovación a empresas asociadas por parte das entidades patrocinadoras e colaboradoras.
1º Premio (Patrocinado por Caixa Rural Galega)
2º Premio (Patrocinado por Ramírez Construcións)
3º Premio (Patrocinado por Talenom)
Premio especial á mellor innovación no rural galego (Patrocinado pola Fundación Roberto Rivas)
20:10 - Pecha a sesión Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
20:15 - Viño participativo.
