A Audiencia Nacional pretende bloquear Telegram en España
venres, 22 de marzo do 2024
O xuÃz da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, tras unha demanda de EGEDA, Mediaset España, A3 Media e Movistar Plus contra Telegram pola distribución dos seus contidos audiovisuais sen o debido permiso, solicitou información á compañÃa de Pavel Durov e ante a falla de resposta por parte de Telegram o xuÃz considerou axeitado dar orde de bloqueo da aplicación de mensaxerÃa no territorio español de xeito cautelar, mentres continúan as investigacións. Os operadores de telecomunicacións deberÃan estar a recibir a orde de bloqueo, que farÃan efectiva nas vindeiras horas.
Polo momento a aplicación de Telegram permanece operativa en España, e sorprende especialmente o feito de que se ordene o seu bloqueo por unha simple demanda sobre propiedade intelectual, cando no pasado rodearon a Telegram numerosas causas sobre terrorismo, pornografÃa infantil, narcotráfico e moitas outras actividades ilegais moito máis xustificadas para vulnerar os dereitos fundamentais de millóns de usuarios que ten a plataforma en España, e aos que se lles impedirÃa unha canle de comunicación sen unha causa que xustifique a desproporcionada medida de bloqueo.
Non serÃa de sorprender que as instrucións do xuÃz se boten atrás antes da súa aplicación, ante o despropósito que supón colocar a unhas poucas compañÃas por diante dos dereitos da cidadanÃa. AÃnda que sobren os motivos para tomar medidas contra Telegram, na opinión pública hai consenso en que non estamos ante unha situación na que as medidas de bloqueo, pese a ser temporais, teñan sentido.
Lembremos que no Brasil houbo varios casos de xuÃces que se extralimitaron aprobando o bloqueo de WhatsApp, e en todos os casos autoridades superiores tiveron que anular as medidas por considerar que se trataba dun abuso de poder, e que non se podÃa deixar sen comunicacións a un cento de millóns de usuarios por culpa dun conflito xudicial.