A Aula CeMIT de Boiro rexistra 168 novas altas e imparte máis dun milleiro de horas de formación
martes, 18 de novembro do 2025
O Concello de Boiro fixo balance da actividade xerada pola Aula CeMIT, referente local da formación e a alfabetización dixital, no que vai de ano. Segundo fixo saber no reconto de fitos, a Aula rexistrou en 2025 ata 158 novas altas de persoas usuarias, chegando a un total de 2793 persoas usuarias rexistradas dende o ano 2011.
En canto ás idades das novas altas, a maior parte, 84 usuarios, están comprendidos entre os 41 e os 65 anos, seguidos da franxa de 26 a 40 anos. En canto ao sexo dos novos usuarios, o 55.06% son mulleres fronte ao 44.95% que son homes.
Durante o perÃodo comprendido entre o 1 de outubro de 2024 e o 13 de novembro de 2025, datas das que se extraen os datos, leváronse a cabo na Aula CeMIT un total de 64 cursos nos que participaron 684 persoas e 22 charlas ás que asistiron 81 persoas; estando a aula en funcionamento un total de 2701 horas entre formacións, exames e a aula aberta dispoñible.
O obxectivo da Rede CeMIT na que está integrada a aula de Boiro é fomentar a autonomÃa persoal e o envellecemento activo mediante o uso das TIC (TecnoloxÃas da Información e a Comunicación); promover coñecementos e competencias dixitais para fomentar a empregabilidade dos cidadáns; asà como impulsar a promoción da innovación social dixital.
A Aula CeMIT do Concello de Boiro, situada no Centro Social de Boiro, leva en activo dende o ano 2010, sendo aula de referencia dende os seus inicios debido a que conta con persoal adscrito ao centro e formación en novas tecnoloxÃas durante todos os meses do ano.
