A CNMT multa a Telefónica por reportar incidencias en liñas alugadas á competencia como falsas avarÃas
mércores, 4 de xaneiro do 2017
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) impuxo
unha multa de 5 millóns de euros a Telefónica de España, S.A.U. ao considerala
responsable dunha infracción moi grave ao incumprir o regulamento da oferta
maiorista do bucle de acceso de aboado durante o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de
outubro de 2015, perÃodo no que constataron que Telefónica non se
responsabilizou dunha grande proporción de avarÃas nas liñas dos clientes
doutros operadores, considerando os traballo solicitados polos operadores
rivais como falsas avarÃas e aplicándolles penalizacións (de 26,12 euros por
liña).
Estas penalizacións aplicadas por Telefónica deberÃan imporse só en casos moi
concretos, realizando comprobacións determinadas, realizando unha clara
identificación e documentando correctamente o acontecido ao operador
alternativo, condicións que non se cumpriron nos casos analizados durante a
instrución do expediente. A CNMC estima que entre o 53,8% e o 78,2% das falsas avarÃas identificadas por
Telefónica estarÃan mal imputadas, e dado que a problemática asociada aos
incidentes pode prexudicar seriamente aos operadores alternativos (tanto con
perdas económicas como de credibilidade) optouse por sancionar a Telefónica.